lunes, 23 de abril de 2018

CHEGOU O MOMENTO DO 18º TORNEO DE MINIBÁSQUET 2018 DO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL - COIA

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizará nesta tempada 2017/2018 a 18ª Edición do Torneo de Minibásquet "Concello de Vigo" 2018, unha cita anual do noso club coas categorías inferiores que se celebrará os próximos días 29 de abril e 1 de maio do 2018.

.

Este o noso Torneo de Minibásquet, un dos torneos con maior tradición e prestixio da comunidade galega, que cumpre xa a súa décimo oitava edición, reunirá nos próximos 29 de abril e 1 de maio a 24 equipos de Vigo, da comunidade autónoma de Galicia e de Castela León, xuntando a máis de 300 nenos e nenas e preto de 40 técnicos.

.

Nesta nova edición o torneo terá como marco dos encontros o Pavillón Municipal de Navia contando con catro pistas de xogo nas que se xogarán un total de 42 partidos nas dúas xornadas. O domingo 29 de abril terá lugar a competición de categoría feminina, sendo o martes 1 de maio o torneo para os equipos de categoría masculina.

.

Os doce equipos que participarán nesta nova edición en cada categoría buscarán revalidar o título que xa poseen nas súas mans o Instituto Rosalía Fedesa (Santiago de Compostela) e o CLB (Vilagarcía de Arousa), campións masculino e feminino da pasada edición.

.

Proximamente poderán consultarse nesta mesma páxina web os grupos de cada categoría, os calendarios de xogo e toda a información referente co 18º Torneo de Minibásquet "Concello de Vigo" 2018.