JULIA ALVES XOGARÁ O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIÓNS DE MINIBÁSQUET EN CÁDIZ

(Julia Alves coa Selección Galega Minibásquet Feminina)

 

Julia Alves, xogadora do combinado Alevín Feminino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, foi seleccionada para participar coa Selección Galega de Minibásquet Feminina no Campionato de España de Seleccións Autonómicas que se disputará do 24 ao 28 de marzo en San Fernando (Cádiz).

 

Tralo torneo de preparación que as Preseleccións Galegas de Minibásquet disputaron en Miranda de Ebro, os pasados días 10 e 11 de marzo, os dous corpos técnicos definiron os doce integrantes de cada combinado que representarán a Galicia no Campionato de España. Neste torneo a Selección Galega Mini Feminina, con Julia Alves nas súas filas, mediu as súas forzas fronte ás seleccións de Asturias, Euskadi e Castela León.

 

(Julia Alves coa Selección Galega en Miranda de Ebro)