O JÚNIOR FEMININO PARTICIPARÁ NO TORNEO DE SEMANA SANTA DO ESTUDIANTES PONTEVEDRA

.

O Júnior Feminino do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia, adestrado por Francisco Javier García, participará o próximo mércores día 28 de marzo do 2018 na Primeira Édición do Torneo de Semana Santa Júnior Feminino organizado polo Estudiantes de Pontevedra no Pavillón IES Xunqueira.

 

Ademais do Júnior Feminino da nosa entidade e do combinado anfitrión, o Estudiantes de Pontevedra, participarán no torneo os equipos de categoría Júnior Feminina de Maristas Coruña e CLB de Vilagarcía de Arousa.