miércoles, 28 de marzo de 2018

COMEZA A CONTA ATRÁS PARA OS TORNEOS CADETE E INFANTIL DE SEMANA SANTA DO SEIS DO NADAL

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal Coia organizará esta nova tempada 2017/2018 a Décimo Primeira Edición do Torneo Syngenta Cadete e a Décima Edición do Torneo Decomar Infantil. Despois do gran éxito e acollida de todas as edicións anteriores, repetirase esta iniciativa os días 30 e 31 de marzo e 1 de abril do 2018.

.

Nos últimos días das vacacións de Semana Santa, os días 30 e 31 de marzo e 1 de abril do 2018, as pistas dos Pavillóns Municipais de Navia e de Bouzas, reunirán a un total de 36 combinados de categoría cadete e infantil con preto de 500 deportistas e 60 técnicos.

.

Os Torneos de Baloncesto Cadete e Infantil 2018 contarán con tres xornadas diferentes. O venres 30 de marzo do 2018 disputarase a xornada de categoría Infantil Masculina e de Infantil Feminina, o sábado día 31 de marzo será o turno das categorías Cadete Feminina "A" e da Cadete Feminina "B", e clausurarán o torneo as categorías Cadete Masculina "A" e Cadete Masculina "B" o domingo día 1 de abril.