(Julia Alves co combinado galego no Torneo de Seleccións de Marín)
.
Os pasados días 10 e 11 de febreiro de 2018 celebrouse en Marín, nos pavillóns de A Raña e San Narciso, a V Edición do Torneo de Seleccións de Minibásquet, cita preparatoria do Campionato de España da categoría.
.
Durantes estas dúas datas competiron na vila pontevedresa as preseleccións autonómicas de Castela León, Asturias, Euskadi e Galicia. Na Preselección Galega de Minibásquet Feminina foi convocada Julia Alves, xogadora do Alevín Feminino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.
.
(Julia Alves ao remate dun partido do Torneo de Seleccións de Marín)
A Preselección Galega Mini Feminina conseguiu os seguintes resultados durante os partidos do Torneo de Seleccións que disputaron no Pavillón San Narciso:
10/02/2018: Galicia 63 - Castela León 55
10/02/2018: Galicia 37 - Euskadi 81
11/02/2018: Asturias 39 - Galicia 55
.
(Julia Alves durante un tempo morto do torneo xunto ao seu adestrador)