(Hugo Pérez cos seus premios xunto a Concepción Martins, Presidenta do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia durante a Presentación Oficial da presente tempada 2017/2018)
.
Esta tempada 17/18 o Club Baloncesto Seis do Nadal Coia organizou por undécimo ano consecutivo a 11ª Edición do Concurso de Postais de Nadal dirixido a tódolos xogadores de categoría minibásquet dos equipos federados e de escolas deportivas.
.
A postal gañadora do 11º Concurso de Postais de Nadal foi a postal presentada por Hugo Pérez, xogadora do combinado Benxamín Masculino "A" do club dirixido por Aalí Mohamed e Lucía González.
.
A postal gañadora do concurso realizada polo xogador Hugo Pérez foi a Postal de Nadal coa que o Club Baloncesto Seis do Nadal Coia felicitou as festas a presente tempada 2017/18 a tódolos seus deportistas, técnicos, familiares, amigos, etc.
.
Ademais o creadora da postal gañadora do 11º Concurso de Postais de Nadal recibiu como premio durante a Presentación Oficial do presente curso 2017/18 e das mans de Concepción Martins, Presidenta do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, mostras da súa postal e unha camiseta conmemorativa do 35º Aniversario que celebramos este ano 2018.