O CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL VOLVE A ENCHER O PAVILLÓN DE NAVIA NA SÚA PRESENTACIÓN OFICIAL

.(Tódolos integrantes do Seis do Nadal durante a Presentación Oficial)

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia presentou a tódolos seus equipos federados e a tódalas súas escolas deportivas o pasado domingo día 17 de decembro no pavillón municipal de Navia ante unhas gradas cheas de familiares, amigos, amigas e colaboradores.

.

Nesta presentación oficial da tempada 2017/2018 a entidade presentou alí a tódolos seus equipos federados e a tódalas escolas deportivas, reunindo así a preto de 700 deportistas en total, máis de 300 xogadores e xogadoras formando parte dos equipos federados e outros tantos nas distintas escolas deportivas, aos que se lle sumaron os máis de 30 monitores e adestradores que conforman o corpo técnico da entidade, un dos maiores do panorama deportivo galego.

.

.

(Autoridades que acompañaron ao Seis do Nadal na Presentación Oficial)

.

Asistiron á presentación desta tempada 2017/2018 D. Santos Héctor Rodríguez, representando ao Concello de Vigo e á Deputación de Pontevedra; D. Guillerme Reinaldo, por parte da Xunta de Galicia; D. Jose Luis Pérez, en representación da Federación Galega de Baloncesto; Dna. Concepción Martíns, Presidenta do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia; D. Julio Rodríguez, D. Antonio Iglesas, D. Miguel Ángel Pena e D. Ramón Román, Directivos da entidade viguesa; e D. Sergio González, Director Deportivo do Club Baloncesto Seis Nadal; acompañados en todo momento por representantes de todos os centros educativos e dos patrocinadores e colaboradores.