(Sergio González, Director Deportivo do club, xunto a Carlos Tresandí, presentador do programa e Fernando Rascados, colaborador do mesmo)
.
O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia estivo presente, no pasado mes de novembro, no programa E por que non? da Radio Galega, presentado por Carlos Tresandí, speaker da nosa entidade, xunto a Fernando Rascados.
Sergio González, Director Deportivo e adestrador da entidade, asistiu ás gravacions do programa, e despois dunha petición feita desde as redes sociais do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia, o programa gravouse cunha bufanda do club e cunha das nosas equipacións. Moitas Grazas a tódolos membros de E por que non? da Radio Galega.