martes, 14 de noviembre de 2017

BISCUITS GALICIA COLABORARÁ UNHA TEMPADA MÁIS CO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL - COIA

(De esquera a dereita durante a renovación da colaboración: Pablo Alonso, adestrador do club; Ramón Román, directivo do club; Lucía Gefaell, responsable de márketing de Biscuits Galicia; Sergio González, Director Deportivo do club; e Andrés Álvarez, técnico da entidade)

.

Biscuits Galicia volverá a ser unha campaña máis empresa Colaboradora do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia mantendo o seu apoio ao club vigués, cumpríndose a quinta tempada que Biscuits Galicia amosa o seu compromiso co club con maior número de licenzas de Galicia.

 

A pasada semana membros da Xunta Directiva e da Área Deportiva do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, visitaron La Galletería de Biscuits Galicia (Rúa Doutor Cadaval nº4, preto da Porta do Sol) para renovar xunto a Lucía Gefaell, a responsable de márketing de Biscuits Galicia, o novo acordo de colaboración para o presente curso 2017/2018. 

 

(O Director Deportivo e unha representación do corpo técnico da entidade xunto a Lucía Gefaell en La Galletería de Biscuitas Galicia durante a renovación)

.

Coa renovación deste acordo de colaboración, Biscuits Galicia seguirá estando presente nun dos eventos máis importantes da entidade, as Ligas LINCO 2018 que se disputarán a partir do próximo mes de xaneiro. Ademais tamén colaborará nos diferentes torneos que organiza o club durante a tempada e en diferentes iniciativas organizadas conxuntamento por Biscuits Galicia e o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

 

Lucía Gefaell, responsable de márketing, durante a renovación da colaboración confirmou en nome de Biscuits Galicia que "é un pracer poder apoiar un curso máis ao proxecto do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia e a todos os seus deportistas, sentíndonos moi identificados cos valores que potencian desde a propia entidade como son o traballo en equipo, a superación, a diversión, a actividade física e a integración."