11º CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL DO C.BC. SEIS DO NADAL DIRIXIDO ÁS CATEGORÍAS DE MINIBÁSQUET

.(Postal gañadora da pasada tempada 201617 realizada por Mesay Gómez)

.

O club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia co obxectivo de achegar o Nadal a tódolos nosos deportistas e, en especial, aos nosos xogadores/as máis pequenos, e despois da gran aceptación e o éxito das tempadas pasadas, organizará nesta campaña 2017/2018 o 11º Concurso de Postais de Nadal no que poderán participar tódolos nosos xogadores e xogadoras de categoría minibásquet.

.

As bases deste 11º Concurso de Postais de Nadal do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia que se volve a convocar por undécimo ano consecutivo son:

.

- Participantes: tódolos xogadores e xogadoras de categoría minibásquet dos equipos federados e das escolas deportivas (categorías prebenxamín, benxamín e alevín).

.

- Deseño e tamaño da postal: poderá estar realizada a man ou mesmo a través do ordenador, en branco e negro ou a cor. O tamaño da postal deberá ser de medio folio e non se poderá empregar purpurina nin algodón.

.

- Motivos da postal: a postal deberá ter ao Nadal e máis ao baloncesto como motivos principais.

.

- Data límite de entrega: xoves día 7 de decembro do 2017.

.

- Forma de entrega: as postais deberán ser entregadas aos adestradores/as ou monitores correspondentes antes da data límite, ou enviadas coa maior calidade posible ao mail do club: areadeportiva@seisdonadalcoia.com.

.

- Premio do concurso: a postal gañadora do concurso será a postal de Nadal coa que a entidade felicitará as festas esta tempada a tódolos seus deportistas, adestradores, familiares, amigos, colaboradores, patrocinadores, etc.

.

A comunicación da postal gañadora farase público o domingo día 10 de decembro do 2017 a través da páxina web do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia e das redes sociais.