O JÚNIOR FEMININO DO SEIS DO NADAL CONSEGUE O ASCENSO Á LIGA 1ª DIVISIÓN JÚNIOR FEMININA

(O equipo Júnior Feminino clasificado para a Liga 1ª División)

..

O Júnior Feminino do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia, dirixido por Francisco García, conseguiu esta pasada fin de semana a clasificación para a Liga Primeira División Júnior Feminina da presente tempada 2017/2018.

.

O conxunto do Seis do Nadal - Coia xogou a Fase Previa de Clasificación no Grupo "B" xunto a Salesianos Vigo e Pontumio Panadería Puente (Pontedeume) conseguindo o primeiro posto do grupo e a clasificación para disputar o cruce da Fase Final.

..

Na Fase Final disputada en Santiago de Compostela o noso equipo enfrontouse, no seu cruce de clasificación, ao Xuven (Cambados) impoñéndose ao final do encontro cun 44 a 41 e conseguindo así a praza na Primeira División.

..

O club Club Baloncesto Seis do Nadal Coia estará presente nesta nova tempada 2017/2018, despois dos últimos ascensos conseguidos nas Fases Previas, nun total de dez Primeiras Divisións Autonómicas: minibásquet masculina e feminina, preinfantil masculina e feminina, infantil masculina e feminina, júnior masculina e feminina, e sénior masculina e feminina.

No hay comentarios: