OS ALEVÍNS DO CLUB PARTICIPARON NO TORNEO DE MINIBÁSQUET DO MEMORIAL QUINO SALVO

 

(Os equipos alevíns do club durante a clausura do Torneo de Minibásquet)

 

Os equipos Alevín Masculino "A" e Alevín Feminino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia participaron no Torneo de Minibásquet do II Memorial Quino Salvo que tivo lugar o pasado sábado día 2 de setembro do 2017 na Prazo do Rei a partir das 10:00 horas da mañá.

.

O Alevín Masculino "A", adestrado por Diego Montenegro e Abraham Vieira, participou no torneo xunto aos equipos de Novobásket, Salesianos, Marín Peixegalego, García Barbón e Porriño Baloncesto Base. O Alevín Feminino "A", dirixido por Sandra Solano e Uxía Martínez, participou xunto a Compañía de María, Mariano, Salesianos, RC Celta e Porriño Baloncesto.

.

(Os xogadores do FC Barcelona xunto aos participantes no torneo)

.

Os xogadores e xogadoras que participaron no torneo recibiron a visita dos xogadores do FC Barcelona da Liga Endesa que disputaron o partido central do II Memorial Quino Salvo fronte ao Obradoiro CAB de Santiago de Compostela.

.

.

.

.

.(Os equipos do Seis do Nadal durante o Torneo Memorial Quino Salvo)

.

(Fotografías de Jorge González Marqués)

No hay comentarios: