martes, 3 de octubre de 2017

O C.BC. SEIS DO NADAL VISITA NESTE INICIO DE CURSO AOS ALUMNOS/AS DO CEP CELSO EMILIO FERREIRO

(Alumnos/as de 4º de Educación Primaria no Torneo Interclases)

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizou durante a última semana do mes de setembro a sexta das edicións do Torneo Interclases no Colexio Celso Emilio Ferreiro coa colaboración da área de Educación Física de dito centro do barrio de Coia e cadrando co inicio da nova tempada 2017/18.

.

Os alumnos e alumnas das clases de cuarto, quinto e sexto de educación primaria do CEP Celso Emilio Ferreiro en Coia participaron nesta edición do tradicional Torneo Interclases co obxectivo de coñecer e achegarse á actividade do baloncesto, actividade que se desenvolve no centro os luns e martes de 16:00 a 17:00 horas.

.

(Nenos/as de 6º de Educación Primaria participantes no Torneo)

.

En cada clase o propio alumnado, coa axuda do profesor de Educación Física, fixeron os equipos de xogo e escolleron un nome. Os oito equipos que participaron na xornada de sexto de educación primaria foron Vento, Saraiba, Neve, Borrasca, Choiva, Ciclón, Sunami e Furacán,.

 

O nome dos equipos de cuarto de educación primaria foron Fresa, Mazá, Cereixa, Plátano, Pereira, Limoeiro, Pexegueiro e Kiwi. En quinto de primaria participaron os equipos Venus, Xúpiter, Mercurio, Urano, Saturno, Marte, Neptuno e Plutón.

.

(Alumnos/as de 5º de Educación Primaria do CEP Celso E. Ferreiro)

.

Preto de 150 nenos e nenas do CEP Celso Emilio Ferreiro de Coia participaron na nova edición do Torneo Interclases de promoción organizado polo Club Baloncesto Seis do Nadal de Coia, iniciativa que achegou o baloncesto a tódolos alumnos e alumnas do centro vigués ademais de dar a coñecer tódalas normas de xogo e os fundamentos máis básicos de mans dun grupo de adestradaores e adestradoras da entidade de Coia.

.

(Alumnos/as de 3º de Educación Primaria fixeron baloncesto nas clases)

.

Ademais neste inicio do novo curso escolar 2017/2018 o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia tamén visitou aos alumnos e alumnas de terceiro de educación primaria do CEP Celso Emilio Ferreiro, levando a cabo nas súas clases de Educación Física actividades e xogos de iniciación ao baloncesto.

 

Máis fotos das xornadas de promoción no Celso Emilio