sábado, 19 de agosto de 2017

O CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL FORMA AO SEU CORPO TÉCNICO DURANTE AS VACACIÓNS DE VERÁN

(Grupo de traballo do Ciclo de Formación Interna para Adestrador@s)

 

(Sergio González impartindo unha das charlas teóricas do Ciclo Fomativo)

 

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organiza durante o presente mes de agosto un Ciclo de Formación Interna para
Adestradores e Adestradoras
. Como en cada tempada o Seis do Nadal - Coia organiza nesta época de verán accións formativas que teña como protagonista principal ao grupo de adestradores e adestradoras.

.

Aproveitando as vacacións estivais, Sergio González, Director Deportivo da entidade viguesa, dirixe e desenvolve un Ciclo de Formación Interna dirixido aos seus adestradores de iniciación e a xogadores e xogadoras que queiran continuar, no primeiro caso, ou inicar o seu camiño, no segundo dos casos, cara ser futuros adestradores e técnicos.

 

Combinando sesións teóricas e supostos prácticos en pista, Sergio González imparte o Ciclo a un grupo de máis de vinte futuros monitores que según palabras do Director Deportivo "amosan un gran interese no presentado en cada unha das clases e ademais se esforzan en cada unha das tareas que se propoñen". "Para o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia esta iniciativa supón un gran avance de cara a mellorar a estrutura deportiva, unha estrutura que sigue aumnetado cada tempada no número de licenzas e que oblíganos a aumentar e mellorar o noso corpo técnico".

 

Máis fotografías do Ciclo Interno de Formación