(O equipo Cadete Masculino "A" da presente tempada 2016/2017)
..
O equipo Cadete Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Sergio González e Andrés Álvarez, clasificouse para competir na Fase de Ascenso á 1ª División Cadete Masculina, despois de rematar na segunda posición do grupo Vigo "A" da Segunda División cun gran balance de quince vitorias e unha soa derrota.
.
Nesta Fase de Ascenso o Cadete Masculino "A" competirá no grupo Sur xunto ao Bon Pollo Estudiantes de Pontevedra, Salesianos GLP Abogados (Vigo) e CB Allariz.
O primeiro dos encontros do noso combinado será o próximo sábado 13 de maio ás 18:00 horas en A Xunqueira fronte ao Bon Pollo Estudiantes de Pontevedra, primeiro clasificado do grupo de Arousa da Segunda División.















