.
(Pablo Tresandí, xogador do club, coa Selección Galega Mini Masculina)
.
Pablo Tresandí, deportista alevín do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia, integrará a Selección Galega de categoría Minibásquet Masculina que representará á comunidade de Galicia no próximo Campionato de España de Seleccións Autonómicas que terá lugar en San Fernando (Cádiz) entre os días 8 e 12 de abril do 2017.
.
Pablo Tresandí, xogador do Alevín Masculino "A" e adestrado por Silvia Caíño e Adrián Ferré, formará parte da selección galega masculina que competirá no Grupo Especial "B" do campioanto xunto ás seleccións de Andalucía, Castela León, Cataluña e País Vasco.
.
A continuación pódese consultar o calendario, tódolos rivais e datas de xogo do Campionato de España 2017 de Seleccións Autonómicas de Mini no que participará Pablo Tresandí do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia: