lunes, 6 de marzo de 2017

O SÉNIOR FEMININO DA LIGA 1ª DIVISIÓN AUTONÓMICA FEMINIMA XOGARÁ A FASE CLASIFICATORIA

(O equipo Sénior Feminino Autonómico da presente tempada 2016/17)

..

O equipo Sénior Feminino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Jorge Martínez e Pablo Sánchez, clasificouse para competir na Fase Clasificatoria da Liga 1ª División Autonómica Feminina da presente tempada 2016/17, despois de rematar na primeira posición do grupo Sur da Fase Previa da competición.

.

O conxunto do Seis do Nadal rematou na primeira posición do grupo Sur da Fase Previa cun balance de oito vitorias e dúas derrotas. Nesta nova Fase Clasificatoria competiran os tres primeiros clasificados en cada un dos grupos da Fase Previa, polo que o noso equipo competirá xunto a Neumáticos Sarria, Gad. Skoda Carmelitas (Ourense), Arxil Mafari (Pontevedra), Star Center Galicia (Ferrol) e La Salle (Santiago Compostela).

 

O primeiro clasificado desta Fase Clasificatoria participará na Fase Interautonómica de Ascenso á Primeira División Feminina. O primeiro dos encontros do noso combinado será o próximo sábado 11 de marzo ás 18:00 horas no Pavillón de Balaídos fronte ao Neumáticos Sarria, primeiro clasificado do grupo Norte.