lunes, 27 de marzo de 2017

COMEZA A CONTA ATRÁS PARA OS TORNEOS CADETE E INFANTIL DE SEMANA SANTA DO SEIS DO NADAL

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizará esta tempada 2016/2017 a Décima Edición do Torneo Syngenta Cadete 2017 e a Novena Edición do Torneo Sivsa Infantil 2017. Despois do gran éxito e acollida das edicións anteriores, repetirase esta iniciativa os días 14, 15 e 16 de abril do 2017.

.

Nos últimos días das vacacións de Semana Santa, o 14, 15 e 16 de abril do 2017, as pistas dos Pavillóns Municipais de Navia e Bouzas, reunirán a un total de 36 combinados de categoría cadete e infantil con preto de 500 deportistas e 60 técnicos.

.

Os Torneos de Baloncesto Cadete e Infantil 2017 contarán con tres xornadas diferentes. O venres día 14 de abril do 2017 disputarase a xornada de categoría Infantil Feminina e de Baloncesto Escolar, o sábado día 15 de abril será o turno das categorías Infantil Masculina e Cadete Masculina "B", e clausurará o torneo a categoría Cadete Feminina e Cadete Masculina o domingo día 16 de abril.