martes, 28 de febrero de 2017

PABLO TRESANDÍ PARTICIPOU NO TORNEO DE SELECCIÓNS DE MINIBÁSQUET DISPUTADO EN MARÍN

(Pablo Tresandí durante o Torneo de Seleccións celebrado en Marín)

.

Os pasados días 25 e 26 de febreiro de 2017 celebrouse en Marín, nos pavillóns de Sequelo e San Narciso, a IV Edición do Torneo de Seleccións Minibásquet, cita preparatoria do Campionato de España da categoría.

.

Durantes estas dúas datas competiron na vila pontevedresa as preseleccións de Minibásquet de Castela e León, Asturias, Euskadi e Galicia. Na Preselección Galega Mini Maculina foi convocado Pablo Tresandí, xogador do combinado Alevín Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

.

(Pablo Tresandí  co combinado galego no Torneo de Seleccións de Marín)

 

A Preselección Galega Mini Masculina conseguiu os seguintes resultados durante os partidos do Torneo de Seleccións que disputaron no Pavillón Sequelo:

 

25/02/2017: Galicia 83 - Euskadi 58

25/02/2017: Galicia 71 - Castela León 77

26/02/2017: Asturias 37 - Galicia 84