lunes, 14 de noviembre de 2016

O EQUIPO DE LIGA EBA BUSCARÁ NO PAVILLÓN DE NAVIA, ANTE O SEU PÚBLICO, A SÚA PRIMEIRA VITORIA

..

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia xogará esta fin de semana no pavillón de Navia a sétima xornada da Liga EBA da presente tempada 2016/17, cuarta xornada da competición que xogará como conxunto local. O encontro será o sábado día 19 de novembro do 2016 ás 18:30 horas no polideportivo de Navia ante o CB La Flecha de Valladolid.

..

O equipo Sénior Masculino de Liga EBA volverá ao pavillón de Navia buscando a súa primeira vitoria no que será a sétima xornada da competición. No último partido que disputaron en Ourense ante o COB "B", o combinado amousou a súa mellor imaxe e a súa notable melloría desde o inicio da competición.

..

Desde tódolos estamentos da entidade convidamos a toda a familia que forma parte do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia a asistir a este novo partido da Liga EBA e a apoiar ao noso equipo nesta nova xornada. Agardámosvos a todos e a todas (xogadores e xogadoras, adestradores e adestradoras, amigos e familiares) o próximo sábado 19 de novembro ás 18:30 horas no polideportivo de Navia.

..

XOGA CON NÓS NA LIGA EBA!

..

Agradecemento a Incubarte Creatividad Multicanal

 

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia quere agradecer desde esta páxina a colaboración durante a presente tempada 2016/2017 de Incubarte Creatividad Multicanal, empresa que elabora os carteis de información de cada un dos partidos que xoga como local o noso equipo de Liga EBA.

..

 

Moitas Grazas pola vosa colaboración nesta tempada que está sendo histórica para a nosa entidade por ser a primeira tempada da nosa historia que participamos na Liga EBA.