lunes, 21 de noviembre de 2016

GRAZAS DE NOVO AO GRUPO DE XIMNASIA RÍTMICA DO SEIS DO NADAL POR XOGAR CON NÓS NA LIGA EBA!

 

 

(Fotografías de Pury Lago durante a exhibición no descanso)

.

O grupo de Ximnasia Rítmica do CEIP Seis do Nadal volveu a visitar ao Club Baloncesto Seis do Nadal e realizou unha nova exhibición durante o tempo de descanso do partido do equipo Sénior Masculino de Liga EBA disputado no pavillón de Navia o pasado sábado 19 de novembro do 2016 ás 18:30 horas ante o CB La Flecha de Valladolid.

 

O grupo de Ximnasia Rítmica do colexio de Coia, encabezado por Carmela Castro, realizou unha moi vistosa exhibición con paraugas durante o descanso da sétima xornada da Liga EBA da presente tempada 2016/2017, despois da súa anterior visita na quinta xornada da competición.

.

GRAZAS POR XOGAR

CON NÓS NA LIGA EBA!