.
Estimados pais e nais dos xogadores/as:
.
Unha tempada máis o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia vai a organizar unha cea-convivencia co principal obxectivo de despedir oficialmente a tempada 2015/16. Dita celebración terá lugar o venres día 1 de xullo do 2016 a partir das 22:00 horas no Hotel Coia.
.
O menú elixido para a cea-convivencia, coa que se pretende crear unha gran xornada de xuntanza de tódolos integrantes da entidade, é o seguinte:
.
MENÚ ADULTO
- Aperitivos Variados: empanada de zamburiñas, melón con xamón, canapés artesáns e luras á romana
- Entrecot á prancha con gornición de legumes e champiñóns ou rodaballo á prancha con patacas ao vapor
- Bebida, postre, café e licores
MENÚ INFANTIL
- Aperitivos Variados: tacos de tortilla española, variedade de friames e xamón, croquetas
- Peituga de polo con patacas fritas
- Xeados de chocolate
- Bebida
.
Para apuntarse á cea-convivencia pódese pasar polas oficinas do Colexio Seis do Nadal (Coia) nas seguintes datas:
.
LUNS 20 E 27 DE XUÑO: De 19:00 a 21:00 horas
MARTES 14, 21 E 28 DE XUÑO: De 19:00 a 21:00 horas
MÉRCORES 15, 22 E 29 DE XUÑO: De 18:00 a 20:00 horas
XOVES 16 E 23 DE XUÑO: De 19:00 a 21:00 horas
VENRES 17 DE XUÑO: De 19:00 a 21:00 horas
.
O club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia convídavos e anímavos a todos/as a participar nesta cea-convivencia coa que se pretende despedir a tempada 2015/2016 que xa está tocando o seu fin.
.
Xunta Directiva e Dirección Deportiva
do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia