martes, 10 de mayo de 2016

O SÉNIOR MASCULINO DE 1ª DIVISIÓN CONSEGUE O ASCENSO A LIGA EBA NA FINAL A4 DE CULLEREDO

..

(O Sénior Masculino do club tras conseguir o Ascenso a Liga EBA)

..

SÉNIOR MASCULINO 1ª DIVISIÓN

TEMPADA 2015/2016

 

ASCENSO A LIGA EBA

..

O Sénior Masculino de Primeira División, Syngenta Seis do Nadal, conseguiu o Ascenso a Liga EBA tras lograr a vitoria o pasado sábado día 7 de maio do 2016 na Final A4 celebrada no pavillón O Burgo de Culleredo.

 

A competición comezou pola mañá coas dúas semifinais. Na primeira, o equipo anfitrión, o Culleredo, derrotou facilmente ao Baloncesto Cambre por 92-69. Despois chegou o turno dos dous equipos da zona sur. O Bosco Salesianos partía como favorito, pero o Syngenta Seis do Nadal fixo un gran partido levándose a vitoria por unha ampla diferenza (70-94).

 

O equipo do Seis do Nadal - Coia derrotou na final ao equipo anfitrión, o CB Culleredo, por 78-88. A igualdade foi unha das notas dominantes ao longo de todo o encontro. O parcial do cuarto período de 18-33 foi acompañado da mellor imaxe do equipo vigués, conscientes de que non se lles podía escapar o ascenso que estiveron acariciando durante todo o encontro.

 

Ao final alegría desbordante do equipo do CB Seis do Nadal, adestrado por Sergio González e Francisco Javier García, que conseguía volver a facer historia co segundo ascenso a Liga EBA nas últimas tres tempadas.

.

(Os xogadores do equipo xunto ás moitas persoas que lles animaron)