(Yimer Failde coa Selección Galega Minibásquet Masculina)
Os deportistas do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, Yimer Failde e Iria Lago, foron seleccionados para participar coas Seleccións Galegas de Minibásquet no Campionato de España de Seleccións Autonómicas que se disputará do 19 ao 23 de marzo do 2016 en San Fernando (Cádiz).
Tralo torneo de preparación que as Preseleccións Galegas da categoría disputaron na vila de Marín o corpo técnico definiu os doce integrantes de cada combinado que representarán a Galicia no Campionato de España.
(Iria Lago coa Selección Gslega de categoría Mini Feminina)
Yimer Failde, xogador do Alevín Masculino "A" do club, e Iria Lago, xogadora do equipo Alevín Feminino "A" da entidade, disputaron os pasados 5 e 6 de marzo do 2016, e xa como integrantes das Seleccións Galegas, o tradicional Torneo de Seleccións de Minibásquet de Mirando del Ebro. Neste torneo os combinados galegos mediron as súas forzas fronte ás seleccións de Madrid, Euskadi e Castela León.