martes, 8 de marzo de 2016

O SEIS DO NADAL - COIA NA PÁXINA VIDE DO FARO DE VIGO: "PASO ADIANTE POLA IGUALDADE"

..

"Paso adiante do deporte vigués pola igualdade. Os clubs únense para celebrar o Día Internacional da Muller."

.

Concepción Martíns, Presidenta do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, e Sandra Solano, xogadora e adestradora do club, asistiron en representación da entidade viguesa a unha xuntanza que tivo lugar no Concello de Vigo co Alcalde de dito Concello, Abel Caballero; o Concelleiro de Deportes, Manel Fernández; e a Concelleira de Igualdade, Uxía Blanco; para preparar os actos que terán lugar no Día Internacional da Muller, o próximo martes 8 de marzo do 2016.

.

Pódese acceder á páxina do Faro de Vigo pulsando na imaxe.