miércoles, 30 de marzo de 2016

NOA COMESAÑA, XOGADORA DO CLUB, PRESENTE NO ALL STAR DA FEDERACIÓN GALEGA BALONCESTO

(Noa Comesaña no All Star celebrado en Cullerdo esta tempada)

..

A Federación Galega de Baloncesto renovou a convocatoria do formato "All Star", cita que celebrou a súa segunda edición o pasado sábado día 19 de marzo do 2016 en Culleredo no pavillón municipal de O Burgo.

.

Repetindo a fórmula coa que este evento naceu en 2015, a Federación Galega de Baloncesto reuniu a 22 xogadoras e 20 xogadores nados no ano 2003 para, ao longo de toda unha xornada, realizar sesións de adestramentos e disputar partidos amigables divididos por ubicación xeográfica.

 

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia estivo representado nesta nova edición do "All Star" celebrado en Culleredo por Noa Comesaña, xogadora do equipo Infantil Feminino "A" e adestrada por Aalí Mohamed e Silvia Caíño.

 

(Cartel do All Star disputado o pasado 19 de marzo en Culleredo)