lunes, 21 de marzo de 2016

GRAN XORNADA DE CONVIVENCIA E BALONCESTO ENTRE O CB ALUCHE DE MADRID E O CB SEIS DO NADAL

(Xogadores infantís do CB Aluche e do CB Seis do Nadal - Coia)

.

O domingo día 20 de marzo do 2016 o Club Baloncesto Aluche (Madrid) visitou ao Club Baloncesto Seis do Nadal Coia no que foi unha gran xornada de convivencia e moito baloncesto na pista do Colexio Celso Emilio Ferreiro.

.

O Club Baloncesto Aluche visitou a nosa cidade e ao noso club cos equipos Infantil Masculino, Infantil Feminino, Cadete Masculino, Cadete Feminino e Júnior Masculino. Os partidos se disputarón ao longo de toda xornada, pola mañá e pola tarde, fronte aos nosos equipos Infantil Masculino "B", Infantil Feminino "A", Cadete Masculino "C", Cadete Feminino "A" e o Júnior Masculino "A", categoría que pechou a xornada.

.

.

.

 

(De arriba a abaixo: fotos dos partidos de categoría infantil feminina, categoría cadete feminina, categoría cadete masculina e júnior masculina)