martes, 1 de marzo de 2016

AGUAS DE MONDARIZ VOLVE A COLABORAR A PARTIR DESTA TEMPADA CO SEIS DO NADAL - COIA

..

A empresa Aguas de Mondariz segue ampliando a súa rede de colabración co deporte galego de base. A compañía volve a colabora co club vigués de baloncesto Seis do Nadal - Coia, unha das canteiras más potentes e prolíficas do baloncesto galego.

 

Seis do Nadal - Coia é un dos históricos do baloncesto vigués, con máis de 30 anos de historia. Desde o club manteñen unha aposta pola canteira, contando con preto de 700 xogadores/as e 24 equipos federados tanto masculinos como femininos en todas as categorías, desde benxamín ata sénior.

 

Ademais dun gran proxecto deportivo, o club vigués tamén é un proxecto educativo que utiliza o seu deporte como veículo conductor. O constante traballo foi distinguido por diferentes asociacións e institucións, recibindo a medalla de Vigueses Distinguidos polo seu proxecto educativo e deportivo e tamén foi premiado en diversas ocasións polo Deporte Galego como "Mellor Entidade na Promoción do Deporte Base" ou "Mellor Iniciativa en Deporte Escolar".

 

Para Aguas de Mondariz é un gran orgullo contribuír coa mellora e crecemento do club e volver a ser partícipe do seu proxecto social, que seguro que estará repleto de éxitos no futuro.

 

O acordo de colaboración na web de Aguas de Mondariz

 

(Pulsa na imaxe para acceder a web de Aguas de Mondariz)