(O Cadete Masculino "A" rematou 3º clasificado do Torneo de Nadal)
.
(O Cadete Feminino "A" conseguiu o terceiro posto en O Porriño)
.
Os equipos Cadete Masculino "A" e Cadete Feminino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal participaron no Torneo de Nadal 2015 organizado polo Porriño Baloncesto Base os días 28 e 29 de decembro do 2015 no pavillón municipal de O Porriño.
.
O equipo Cadete Masculino "A", adestrado por Óscar Álvarez e Alicia Álvarez, finalizou na terceira posición deste torneo despois de caer na semifinal ante o Porriño Baloncesto Base e superar no partido polo 3º e 4º posto ao Salesianos Vigo. O Cadete Feminino "A", dirixido por Francisco J. García, tamén conseguiu o terceiro posto do torneo tras caer na semifinal ante o Porriño Baloncesto Base e vencer ao Salesianos Vigo no partido polo 3º e 4º posto.
.
(Cartel do Torneo de Nadal 2015 celebrado en O Porriño)