viernes, 11 de diciembre de 2015

A PELUQUERÍA ETNA VOLVE A COLABORAR ESTA TEMPADA CO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL

(Xogadores do Cadete Masculino "C" na Peluqueíra Etna situada en Navia)

.

Etna Peluqería, situada en Navia na Rúa Teixugueiras nº 30, volverá a colaborar na presente tempada 2015/2016 co Club Baloncesto Seis do Nadal Coia despois de xa ter colaborado coa nosa entidade na pasada campaña 2008/2009.

 

Os xogadores do equipo Cadete Masculino "C", representando ao Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, visitaron as súas instalacións da Peluquería Etna que desde o día de onte volve a colaborar co Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia apoiando o seu proxecto deportivo.

 

(Os xogadores do club coñeceron os servizos e vantaxes do centro)

.

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, agradecemos toda a confianza e todo o apoio depositado por parte deste establecemento no noso proxecto, e estamos satisfeitos da relación establecida entre ambas partes para a presente campaña. Moitas grazas pola súa colaboración.