jueves, 4 de junio de 2015

O SEIS DO NADAL - COIA PARTICIPA DESDE A PASADA FIN DE SEMANA NO TORNEO SUB22 MASCULINO DA FGB

(O equipo Sub22 Masculino na primeira concentración do Torneo)

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participa desde a pasada fin de semana no Segundo Edición do Torneo Sub22 Masculino organizado pola Federación Galega de Baloncesto, despois da primeira das edicións que a tempada pasada fora unha iniciativa do Club Ourense Baloncesto e do ABO Ourense.

.

O II Torneo Sub22 Masculino converteuse na mellor opción de postempada para os clubs galegos interesados en participar, concretamente oito equipos participantes: Seis do Nadal Coia, Club Ourense Baloncesto, Rosalía de Santiago, VGO Básquet (Vigo), CB Vilagarcía, Básquet Coruña e Estudiantes de Lugo con dous combinados.

 

Serán tres as concentracións que terán lugar neste torneo: a fin de semana do 30 de maio en Vigo e Santiago, a fin de semana do 13 de xuño en Ourense e Vilagarcía, e a fin de semana do 27 de xuño en A Coruña e Lugo. O Seis do Nadal Coia particpará nas concentracións que terán lugar en Vigo, Ourense e Lugo, cun formato de semifinais e final que reunirán a catro equipos que competirán en cada sede.

 

O equipo Sub22 Masculino do Seis do Nadal - Coia está composto por xogadores nados entre os anos 1993 e 1998 procedentes do Sénior Masculino de 1ª División do club, do Sénior Masculino de 3ª División da entidade e de xogadores de categoría júnior. O obxectivo deste combinado, que está dirixido por Sergio González, Francisco Javier García e Albert Tomas, é ter unha postempada que reforce o traballo individual e táctico desta tempada e na que poidan traballar aspectos e contidos de cara á futura campaña.

 

A primeira cita do noso conxunto neste torneo tivo lugar o pasado domingo 31 de xuño do 2015 en Vigo nos pavillóns de Navia, pola mañá, e Berbés, na xornada de tarde. Os partidos que se disputaron e os resultados obtidos foron os seguintes:

 

10:00 horas: Sigaltec 47 - VGO Básket 62

12:00 horas: Básquet Coruña 84 - Seis do Nadal Coia 68

 

17:00 horas: Sigaltec 58 - Seis do Nadal Coia 39

19:00 horas: VGO Básket 62 - Básquet Coruña 69