lunes, 29 de junio de 2015

JONATHAN BARREIRO, XOGADOR DO REAL MADRID, INAUGURA O CAMPUS DE VERÁN DO SEIS DO NADAL

(Jonatahn Barreiro cos grupos dos máis pequenos do Campus de Verán)

.

Jonathan Barreiro, xogador galego nado na vila de Cerceda (A Coruña) e actualmente xogador do equipo júnior do Real Madrid, visitou no primeiro das xornadas a tódolos nenos e nenas participantes no Campus de Verán 2015 "Xornadas de Tecnificación" que organiza o club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

 

Os nenos e nenas inscritos no Campus de Verán 2015 tiveron a oportunidade de poder compartir unha mañá con Jonatahan Barreiro, un dos xogadores de categoría júnior con maior proxección da canteira do Real Madrid Baloncesto. Jonathan Barreiro contoulles a tódolos participantes a súa experiencia desde que comezou a xogar ao baloncesto ata a presente tempada 2014/2015 na que como xogador júnior debutou co primeiro equipo do Real Madrid de Baloncesto na Euroliga e na Liga Endesa.

 

Coa gran visita de Jonathan Barreiro inaugurábase a primeira das semanas do 14º Campus de Verán 2015 "Xornadas de Tecnificación" que organiza o Club Baloncesto Seis do Nadal Coia con máis de medio centenar de xogadores e xogadoras e que se desenvolverá tódalas mañás ata o venres nas pistas do Colexio Seis do Nadal.

 

(Jonathan Barreiro asinando autógrafos a tódolos inscritos no campus)

 

Máis fotos da visita de Jonathan Barreiro