lunes, 8 de junio de 2015

DAVID NAVARRO, XOGADOR DA LIGA ENDESA, VISITARÁ O CAMPUS DE VERÁN 2015 DO SEIS DO NADAL

(David Navarro lanzado un tiro libre nun dos partidos co MoraBanc Andorra)

.

David Navarro, xogador na presente tempada 2014/2015 do MoraBanc Andorra da Liga Endesa, visitará a tódolos nenos e nenas participantes no Campus de Verán 2015 "Xornadas de Tecnificación" que organiza o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia nas instalacións do Colexio Seis do Nadal.

.

David Navarro militou no último curso 2014/2015 no MoraBanc Andorra da Liga Endesa despois de ser na tempada 2013/2014 campión da LEB Oro e conseguir o ascenso á maior categoría nacional. Nas anteriores campañas David Navarro militou no Blancos de Rueda Valladolid da Liga Endesa (2012/2013), no Menorca Básquet de LEB Oro (2011/2012) e na Liga ACB co Power Electronics Valencia (2010/2011), equipo co que iniciou o seu camiño na máxima categoría e co que incluso disputou a Euroliga.

 

Os nenos e nenas inscritos no Campus de Verán 2015 terán a oportunidade de compartir unha mañá xunto a David Navarro, xogador que se converteu no líder do MoraBanc Andorra este curso e que visitará o Colexio Seis do Nadal neste verán. Non o dubides e inscríbete ás Xornadas de Tecnificación do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

 

(David Navarro superando a San Emeterio nun dos partidos desta tempada)