miércoles, 1 de julio de 2015

AÍNDA PODES INSCRIBIRTE NA 2ª SEMANA DO CAMPUS DE VERÁN 2015 "XORNADAS DE TECNIFICACIÓN"

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizará nestas presentes vacacións de verán a 14ª Edición do Campus de Verán 2015 "Xornadas de Tecnificación". Despois dos éxitos das pasadas edicións do campus a entidade volverá a celebrar as xornadas de perfeccionamento técnico cunha novidosa proposta de traballo.

.

O obxectivo destas xornadas é reforzar o traballo de técnica individual dos deportistas do Club Baloncesto Seis do Nadal e do baloncesto vigués e galego, fundamentalmente nas idades óptimas para a formación, así como o de ofrecer un programa de actividades paralelas á tecnificación..

 

A Décimo Cuarta Edición do noso Campus de Verán 2015 celebrarase nas instalacións do Colexio Seis do Nadal (Coia) e terá dúas semanas (dous turnos): a primeira semana será desde o luns 29 de xuño ata o venres 3 de xullo, e a segunda semana será desde o luns día 6 ata o venres 10 de xullo do 20145; ambos turnos con horario de 10:00 a 13:30 horas, e coa opción nos dous turnos de inscribirse á hora matinal de 9:00 a 10:00 horas.

 

Poderán inscribirse neste Campus de Verán os deportistas dos equipos federados e de todas as escolas deportivas do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia e tamén se poderán anotar os deportistas do baloncesto vigués e galego que así o desexen, desde categoría benxamín (nados no ano 2008) ata júnior (nados no ano 1997).

 

O prezo deste campus é de 50 euros para a inscrición nunha semana e de 90 euros para a inscrición a dúas semanas. Para os deportistas do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, do deporte federado e das escolas deportivas, e os seus irmáns ou irmás, o prezo para unha semana será de 45 euros e para dúas semanas de 80 euros. Haberá un suplemento de 10 euros por semana para os inscritos na hora matinal.

 

As prazas dispoñibles para as Xornadas de Tecnificación 2015 son limitadas e se farán efectivas por rigorosa orde de inscrición (sendo válida a data que figure no ingreso). Para formalizar a inscrición para o segundo turno é preciso enviar o comprobante de pago (co nome completo do deportista e o club ao que pertence) e a folla de inscrición, antes do xoves 25 de xuño ao mail areadeportiva@seisdonadalcoia.com ou ao fax 986227275.