martes, 5 de mayo de 2015

OS EQUIPOS BENXAMÍNS DO CLUB PARTICIPARON NO V TORNEO BENXAMÍN DO SALESIANOS VIGO

(Os dous equipos do Seis do Nadal - Coia que participaron no torneo)

.

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participou un ano máis, o pasado sábado día 2 de maio 2015, no V Torneo Benxamín Salesianos que organizou o Club Baloncesto Salesianos Vigo nas pistas do Colexio Salesianos.

.

Os dous equipos do club que participaron no torneo foron o Benxamín Masculino "A", Seis do Nadal "A", dirixido por David Augusuto e Abraham Vieira; e o Benxamín Feminino, Seis do Nadal Feminino, adestrado por Sandra Solano e Laura Abraira.

 

En categoría masculina o noso combinado participou xunto a Salesianos Vigo, Salesianos Ourense, FC Porto (Portugal), CAA Salesianos (Portugal) e Porriño Baloncesto Base. Os equipos que participaron no torneo en categoría feminina xunto ao Seis do Nadal Feminino foron Salesianos Vigo "Verde", Salesianos Vigo "Negro", Salesianos de Ourense, Porriño Bto. Base e Academia Celta (Vigo).

 

(Os dous equipos do club despois de recoller as súas medallas do torneo)