jueves, 28 de mayo de 2015

OS EQUIPOS BENXAMÍN FEMININO E ALEVÍN FEMININO "A" NAS FASES FINAIS DAS LIGAS FGB 2014/15

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia estará representado esta fin de semana nas Fases Finais das Ligas FGB de categoría preminibásquet e minibásquet, cos combinados Benxamín Feminino, adestrado por Sandra Solano e Laura Abraira; e Alevín Feminino "A", dirixido por Aalí Mohamed e Sandra Solano.

 

Un total de 32 equipos de categoría premini e mini de toda Galicia viaxarán á Estrada, ao Pavillón Municipal Manuel Coto Ferreiro, para a desputa dos cuartos de final o sábado día 30 de maio e das semifinais e final o domingo 31 de maio.

 

O Benxamín Feminino, Seis do Nadal Fem., participará na Fase Final da Liga FGB Preminibásquet despois de rematar na primeira posición de Vigo cun balance de dez vitorias nos dez partidos disputados na Segunda Fase da liga. Os equipos galegos que disputará esta Fase Final xunto ao Seis do Nadal son Coreti Culleredo, Peleteiro Azul (Santiago de Compostela), CB Allariz, Pontumio Ivográficas, La Academia Celta (Vigo), CB Arxil (Pontevedra) e Franciscanos Verde (Lugo).

 

Os horarios dos cuartos de final da Liga FGB Preminibásquet Feminina son:

 

- Seis do Nadal Fem Vs Coreti Culleredo Fem

Hora: sábado 30 ás 17:30 h. Lugar: Coto Ferreiro 2 (A Estrada)

 

- Peleteiro Azul Vs CB Allariz Fem

Hora: sábado 30 ás 17:30 h. Lugar: Coto Ferreiro 1 (A Estrada)

 

- Pontumio Ivográficas Vs CB Arxil "A"

Hora: sábado 30 ás 13:30 h. Lugar: Coto Ferreiro 3 (A Estrada)

 

- Franciscanos Verde Vs La Academia Celta

Hora: sábado 30 ás 13:30 h. Lugar: Coto Ferreiro 1 (A Estrada)

 

(O equipo Benxamín Feminino da presente tempada 2014/2015)

 

O Alevín Feminino "A", Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro, participará na Fase Final da Liga FGB Minibásquet Feminina tras conseguir a segunda posición do Grupo Sur da Fase Clasificatoria da Liga FGB cun balance de nove vitorias e unha derrota nos dez encontros disputados. Os conxuntos que xogarán esta Fase Final xunto ao equipo do Seis do Nadal son La Academia Celta (Vigo), Pontumio Futbolín, Universitario Ferrol "A", Peleteiro (Santiago de Compostela), Pío XII Fedesa (Santiago de Compostela), Calasancias (A Coruña) e Giraldo CB 03 (Vilagarcía de Arousa).

 

Os horarios dos partidos dos cuartos de final da Liga FGB Minibásquet Feminina son:

 

- La Academia Celta Vs Pontumio Futbolín

Hora: sábado 30 ás 15:30 h. Lugar: Coto Ferreiro 1 (A Estrada)

 

- Universitario Ferrol "A" Vs Peleteiro

Hora: sábado 30 ás 11:30 h. Lugar: Coto Ferreiro 1 (A Estrada)

 

- Pío XII Fedesa Vs Calasancias

Hora: sábado 30 ás 19:30 h. Lugar: Coto Ferreiro 1 (A Estrada)

 

- Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro Vs Giraldo CB 03

Hora: sábado 30 ás 11:30 h. Lugar: Coto Ferreiro 3 (A Estrada)

 

(Xogadoras e adestradores do Alevín Feminino "A" desta tempada)