martes, 12 de mayo de 2015

O CB SEIS DO NADAL PARTICIPARÁ NO VIII TORNEO BENXAMÍN BÁSQUET NA RÚA DO PORRIÑO BTO. BASE

.

O club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participará no VIII Torneo Benxamín "Básket na Rúa" que organizará o Porriño Baloncesto Base o próximo domingo día 17 de maio do 2015.

.

Os conxuntos da nosa entidade que participarán no torneo serán o combinado Benxamín Masculino "A", adestrado por David Augusto e Abraham Vieira; e un conxunto Benxamín Mixto, composto por xogadoras do Benxamín Feminino e xogadores do Benxamín Masculino "B", e dirixido por Sandra Solano e Laura Abraira.

-.

A Praza do Concello e a Praza do Cristo da vila porriñesa serán o escenario, a partir das 10:00 horas da mañá, desta oitava edición do Torneo Benxamín do Porriño Baloncesto Base no que participarán doce equipos benxamíns.

-.

Os horarios dos partidos do VIII Torneo Benxamín "Básket na Rúa" organizado polo Porriño Baloncesto Base son:

-.