domingo, 31 de mayo de 2015

O ALEVÍN FEMININO "A" DISPUTOU A FASE FINAL DA LIGA FGB MINI FEMININA CELEBRADA EN A ESTRADA

(O equipo Alevín Feminino "A" na Fase Final da Liga FGB en A Estrada)

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia estivo representado esta fin de semana na Fase Final da Liga FGB de categoría minibásquet feminina co Alevín Feminino "A", dirixido por Aalí Mohamed e Sandra Solano.

 

Un total de 8 equipos de categoría mini feminina de toda Galicia viaxaron á Estrada, ao Pavillón Municipal Manuel Coto Ferreiro, para a desputa dos cuartos de final o sábado día 30 de maio e das semifinais e final o domingo 31 de maio. Os conxuntos que xogaron esta Fase Final xunto ao equipo do Seis do Nadal foron Giraldo CB 03 (Vilagarcía de Arousa), La Academia Celta (Vigo), Pontumio Futbolín, Universitario Ferrol "A", Peleteiro (Santiago Compostela), Calasancias (A Coruña) e Pío XII Fedesa (Santiago de Compostela).

 

O equipo Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro enfrentouse ao Giraldo CB 03 no partido de cuartos de final, partido cunha gran igualdade ao longo dos seis períodos chegando ao último minuto do encontro cunha diferenza de cinco puntos a favor do equipo de Vilagarcía de Arousa. Ao final do partido mantívose a diferenza (47-52) conseguindo o pase ás semifinais o Giraldo CB 03 e cun Seis do Nadal amosando unha moi boa imaxe e optando pola vitoria en todo momento.