miércoles, 1 de abril de 2015

PRESENTADOS OS TORNEOS DE SEMANA SANTA 2015 DE CATEGORÍA CADETE E INFANTIL DO CLUB

(Manel Fernández, Concelleiro de Deportes, xunto a Concepción Martins, presidenta do Seis do Nadal; Ramón Román, membro da Xunta Directiva; e Sergio González, Director Deportivo do club)

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia presentou durante a mañá do mércores 1 de abril do 2015 os seus Torneos de Semana Santa 2015 de categoría cadete e infantil, xunto ao Concelleiro de Deportes do Concello Vigo, Manel Fernández.

.

Nos últimos días das vacacións de Semana Santa, o 3, 4 e 5 de abril do 2015, as pistas dos Pavillóns Municipais de Navia e Bouzas, reunirán a un total de 27 combinados de categoría cadete e infantil con máis de 400 deportistas e 40 adestradores/as que serán os protagonistas principais da Oitava Edición do Torneo de Baloncesto Cadete 2015 e da Sétima Edición do Torneo de Baloncesto Infantil.

.

Os Torneos de Baloncsto de Semana Santa contarán con tres categorías diferentes. O venres día 3 de abril disputarase o torneo de categoría Masculina Serie "B", o sábado día 4 será o turno da Serie Feminina , e clausurará o campionato a categoría Masculina Serie "A" o domingo día 5 de abril.

.

No torneo de categoría cadete participarán os equipos do club anfitrión Seis do Nadal - Coia (Vigo), os combinados galegos do BBC (Vilagarcía Arousa), Básquet Coruña (A Coruña), Eduardo Blanco Amor (Ourense), CB Noia (Noia), CB Baiona (Baiona), AD Cortegada (Vilagarcía Arousa), AD Bosco (Ourense), CB Redondela (Redondela), CB O Grove (O Grove), CB Ferrol (Ferrol), ABO Ourense (Ourense); o combinado de Castela e León, o Agustinos León (León); e os equipos de Asturias, o Bal. Vegadeo (Vegadeo) e o CB Navia (Navia).

 

En categoría infantil participarán os combinados do club anfitrión Seis do Nadal - Coia (Vigo); un equipo das Escolas Deportivas (Liga LINCO) da entidade; os equipos galegos do CB Redondela (Redondela), Eduardo Blanco Amor (Ourense), Marín Peixegalego (Marín), Colexio Salesianos (Vigo); e o equipo de Castela e León,  o Agustinos León (León).

 

Manel Fernández, Concelleiro de Deportes de Vigo, animou á entidade viguesa a seguir traballando ao nivel que presentan na actualidade e asinou o convencio de colaboración dentro do novo proxecto Gañamos Todos como presidente do Instituto Municipal dos Deportes. O acordo rubricouse pola Presidenta do Seis do Nadal - Coia, Concepción Martins, que estivo acompañado polo directivo Ramón Román e polo Director Deportivo da entidade, Sergio González.

 

(Manel Fernández, Concelleiro de Deportes, e Concepción Martins, presidenta do Seis do Nadal, asinan o convenio de colaboración para o torneo)