miércoles, 29 de abril de 2015

O 15º TORNEO INTERNACIONAL DE MINIBÁSQUET "CONCELLO DE VIGO" PRESENTADO AOS MEDIOS

(De esquerda a dereita: Ramón Román, Directivo do Seis do Nadal; Sergio González, Director Deportivo da entidade; Concepción Martins, Presidenta do club; e Manel Fernández, Concelleiro de Deportes do Concello de Vigo)

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizará nesta tempada 2014/15 a 15ª Edición do Torneo Internacional de Minibásquet "Concello de Vigo" 2015, unha cita anual da nosa entidade coas categorías inferiores que se celebrará os próximos días 1 e 3 de maio do 2015.

.

Este o noso Torneo de Minibásquet, un dos torneos con maior tradición e prestixio da comunidade galega, que cumpre xa a súa décimo quinta edición, reunirá nos próximos días 1 e 3 de maio a 24 equipos de Vigo, da comunidade autónoma de Galicia e de Portugal, xuntando a máis de 300 deportistas e preto de 40 técnicos.

.

Nesta nova edición o torneo terá como marco dos encontros o Pavillón Municipal de Navia contando cun total de catro pistas nas que se xogarán 42 partidos ao longo das dúas xornadas. O venres día 1 de maio terá lugar a competición de categoría feminina, sendo o domingo 3 de maio o torneo para os equipos de categoría masculina.

.

Os clubs que participarán no torneo con dous equipos, un masculino e outro feminino son, ademais do anfitrión Seis do Nadal, que participará con dous conxuntos en cada categoría, o Colexio Salesianos (Vigo), o Carmelitas Ourense, o Eduardo Blanco Amor (Ourense), o Giraldo CB (Vilagarcía de Arousa) e o FC Porto (Portugal). A categoría feminina será completada polos equipos Colexio Mariano (Vigo), Cía María (Vigo), Marín Peixegalego (Marín), AD Cortegada (Vilagarcía de Arousa) e Pío XII (Santiago de Compostela). O equipo da Liga LINCO Class e os equipos Cía María (Santiago de Compostela), Porriño Bto. Base, Sigaltec BBC (Vilagarcía de Arousa) e CB Allariz, completarán o cadro alevín masculino do torneo.

.

Os doce equipos que participarán nesta nova edición en cada categoría buscarán revalidar o título que xa poseen nas súas mans o Seis do Nadal Celso E. Ferreiro e o Pío XII, campións feminino e masculino da pasada edición celebrada fai un ano.

.

Ademais esta edición do torneo conta, como novidade, coa colaboración de Entreculturas, unha ONG que entre outras cousas desenvolve unha serie de programas que facilitan o acceso á educación a máis dun millón de persoas. A través da actividade "La Silla Roja", Entrecultura tratará de achegar a tódolos participantes do torneo a realidad que viven máis de 58 millóns de nenos e nenas. Ademais durante toda a xornada haberá unha recollida de firmas para apoiar á educación..a

.

Manel Fernández, Concelleiro de Deportes de Vigo, felicitou á entidade viguesa polo seu excelente traballo no deporte de formación e, máis concretamente, no torneo de minibásquet. Durante a Presentación Oficial do evento, Manel Fernández asinou o convenio de colaboración do proxecto Gañamos Todos, convenio que tamén foi asinado por Concepción Martins, Presidenta do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, quen estivo acompañada por Ramón Román, Directivo da entidade; e Sergio González, Director Deportivo do club.

.

(Fimra do convenio "Gañamos Todos" durante a Presentación do Torneo)