martes, 24 de marzo de 2015

JORGE MONTERO, NOA COMESAÑA E ESTHER GIL PARTICIPARÁN NO CTO. DE ESPAÑA DE SELECCIÓNS

.

(Jorge Montero, Noa Comesaña e Esther Gil participarán no Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Minibásquet)

.

Jorge Montero, Noa Comesaña e Esther Gil, xogadores do Club  Baloncesto Seis do Nadal - Coia, formarán parte das Seleccións Galegas de Minibásquet que representarán a Galicia no XXVIII Campionato de España que terá lugar en San Fernando (Cádiz) do próximo 28 de marzo ao 1 de abril.

.

Jorge Montero, xogador do Alevín Masculino "A" e adestrado por Andrés Álvarez e Pablo Alonso, formará parte da selección galega masculina que competirá no Grupo Preferentee "C"; mentres que Noa Comesaña e Esther Gil, xogadoras ambas do Alevín Feminino "A" e dirixidas por Aalí Mohamed e Sandra Solano, competirán co combinado galego feminino no Grupo Especial "C".

.

A continuación pódese consultar o calendario, tódolos rivais e datas de xogo do Campionato de España 2015 de Seleccións Autonómicas de Mini no que participarán tres deportistas do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia:

 

 

As Seleccións Galegas de Mini en Miranda de Ebro

 

As Seleccións Galegas de Minibásquet mediron a pasada fin de semana dos días 14 e 15 de marzo as súas forzas ante as seleccións de Madrid, Euskadi e Castela León, tanto en masculino como en feminino, no marco do Torneo Amigable de Minibásquet de Miranda de Ebro, organizado un curso maís pola Federación de Castela León e como previa perfecta para o Campionato de Eespaña.

 

(Jorge Montero coa Selección Galega no Torneo de Mirana de Ebro)

 

Os tres xogadores do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia seleccionados pola Federación Galega de Baloncesto para formar parte das dúas seleccións galegas puideron vivir a experiencia deste Torneo de Minibásquet, torneo no que os adestradores dos dous combinados galegos buscaron seguir sumando consisgtencia, garantía e credibilidades para cehgar ao Campionato de España o mellor posible.