(O Cadete Feminino "B" do club no III Torneo Xogado en Feminino)
.
Os conxuntos Cadete Feminino "B" e Júnior Feminino do Club Baloncesto Seis do Nadal participaron no III Torneo Xogando en Feminino, II Memorial Alejandra González Rodríguez, organizado polo Pabellón Ourense nas pasadas vacacións de Nadal.
.
O torneo de categoría cadete feminina celebrouse o sábado 27 de decembro do 2014 e participaron xunto ao Seis do Nadal "B", adestrado e dirixido por Silvia Caíño, o equipo anfitrión Pabellón Ourense, o CB O Grove e o CB Arxil (Pontevedra).
.
(O Júnior Feminino do club no III Torneo Xogado en Feminino)
En categoría júnior feminina o torneo disputouse o sábado día 3 de xaneiro do 2015 e participaron os seguintes equipos: Seis do Nadal - Coia, adestrado por Francisco Javier García e Susana Bravo; Eduardo Blanco Amor (Ourense), o anfitrión Pabellón Ourense e Pío XII (Santiago de Compostela).
.
.
(Fotos da clausura do torneo: categoría cadete arriba e júnior abaixo)
O Infantil Masculino "A" participou no torneo do COB
(O Infantil Masculino "A" no II Torneo de Nadal do Club Ourense B.)
Tamén nas vacacións de Nadal o Infantil Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Sergio González e Óscar García, participou no II Torneo de Navidad do Club Ourense Baloncesto.
Ao longo do sábado día 27 de decembro do 2014 e no Pavillón dos Remedios o Seis do Nadal "A" participou no torneo xunto ao Club Ourense Baloncesto, Rosalía de Castro (Santiago de Compostela) e Eduardo Blanco Amor (Ourense).