(María Torres cos seus premios xunto a Abel Caballero, Alcalde do Concello de Vigo, e Concepción Martins, Presidenta do C.Bc. Seis do Nadal)
.
Esta tempada 2014/2015 o Club Baloncesto Seis do Nadal Coia organizou por oitavo ano consecutivo a Oitava Edición do Concurso de Postais de Nadal dirixido aos xogadores e xogadoras de minibásquet dos equipos federados e de escolas deportivas.
.
A postal gañadora do 8º Concurso de Postais de Nadal foi a postal presentada por María Torres, xogadora do equipo federado Alevín Feminino "A" adestrado por Aalí Mohamed e Sandra Solano.
.
A postal gañadora do concurso realizada por María Torres foi a Postal de Nadal coa que o Club Baloncesto Seis do Nadal Coia felicitou as festas a presente tempada 2014/15 a tódolos seus deportistas, técnicos, familiares, amigos, colaboradores, patrocinadores, etc.
.
Ademais a creadora da postal gañadora do 8º Concurso de Postais de Nadal recibiu como premio durante a Presentación Oficial desta tempada 2014/2015 no pavillón municipal de Navia e das mans de Abel Caballero, Alcade do Concello de Vigo, e Concepción Martins, Presidenta do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, unha mostra ampliada da súa postal e material deportivo.