martes, 23 de diciembre de 2014

O ALEVÍN MASCULINO "A" DO SEIS DO NADAL CAMPIÓN DO XI TORNEO DE MINIBÁSQUET "VILA DE MARÍN"

.

(O Alevín Masculino "A" do club campión do torneo masculino)

.

O pasado domingo 21 de decembro do 2014 celebrouse o XI Torneo de Minibásquet "Vila de Marín" no Pavillón A  Raña organizado un ano máis polo club Marín Peixegalego e no que participaron oito combinados, catro equipos en cada categoría.

.

Unha tempada máis o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participou neste tradicional torneo de Nadal e foi co conxunto Alevín Masculino "A", adestrado por Andrés Álvarez. Os outros tres equipos que completaron o cadro masculino xunto ao noso equipo foron o anfitrión Marín Peixegalego, Liceo BBC (Vilagarcía de Arousa) e Fedesa (Santiago de Compostela).

.

O noso equipo proclamouse campión do torneo en categoría masculina despois de impoñerse aos seus tres rivais nos tres partidos disputados ao longo da xornada.