martes, 16 de diciembre de 2014

GRAN PRESENTACIÓN DOS PRETO DE 700 DEPORTISTAS DO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL - COIA

.

.

(Tódolos integrantes do Seis do Nadal durante a Presentación Oficial)

.

O club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia presentou a tódolos seus equipos federados e as súas escolas deportivas o pasado domingo día 14 de decembro no pavillón municipal de Navia ante unhas gradas ben cheas de familiares, amigos, amigas e colaboradores.

.

Nesta presentación oficial da tempada 2014/2015 a entidade presentou alí a tódolos seus equipos federados e a tódalas escolas deportivas, reunindo así a preto de 700 deportistas en total, máis de 300 xogadores e xogadoras formando parte dos equipos federados e outros tantos nas distintas escolas deportivas, aos que se lle sumaron os máis de 30 monitores e adestradores que conforman o corpo técnico da entidade, un dos maiores do panorama deportivo galego.

.

(Corpo Técnico do club na presente tempada 2014/2015)

.

A presentación comezou ás 18:00 horas co desfile das once escolas deportivas da entidade, seguidas dos 24 combinados do deporte federado. O último grupo en ser presentado foi o conxunto de adestradores e adestradoras, que recibiu unha gran acollida e recoñecemento por parte de tódolos presentes no multiusos de Navia.

.

Unha vez presentados cada un dos equipos e realizadas ás fotos oficias da tempada, tiveron lugar as intervencións dos dirixentes da entidade e das autoridades que acompañaron ao noso club durante a Presentación Oficial.

.

Asistiron á presentación desta tempada D. Abel Caballero, Alcalde do Concello de Vigo; Dna. Carmela Silva, Teniente de Alcalde do Concello; D. Manel Fernández, Concelleiro de Deportes do Concello de Vigo; D. Jose Luis Pérez, Director Executivo da Delegación Viguesa Baloncesto; Dna. Ánxeles Rivela, Directora do CEIP Seis do Nadal; D. Manuel Dapena, Director do Colexio Celso Emilio Ferreiro; Dna. Concepción Martíns, Presidenta do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia; D. Julio Rodríguez e D. Ramón Román, Directivos da entidade deportiva; e D. Sergio González Larrañaga, Director Deportivo do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

.

.

(Autoridades que acompañaron ao Seis do Nadal na súa Presentación Oficial)