jueves, 4 de diciembre de 2014

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O 13º CAMPUS DE INVERNO 2014 "XORNADAS DE TECNIFICACIÓN"

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizará nestas presentes vacacións de Nadal a 13ª Edición do Campus de Inverno 2014 "Xornadas de Tecnificación". Despois dos éxitos das pasadas edicións do campus a entidade volverá a celebrar as xornadas de perfeccionamento técnico.

.

O obxectivo destas xornadas é reforzar o traballo de técnica individual dos deportistas do Club Baloncesto Seis do Nadal e do baloncesto vigués e galego, fundamentalmente nas idades óptimas para a formación.

.

A 13ª Edición do Campus de Inverno 2014 se celebrará nas instalacións do Colexio Seis do Nadal os próximos días 22, 23, 24 e 26 de decembro do 2014 entre as 10:30 horas e as 13:30 horas.

.

Poderán inscribirse neste Campus de Inverno os deportistas dos equipos federados e das escolas deportivas do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia e tamén se poderán anotar os deportistas do baloncesto vigués e galego que así o desexen, desde categoría benxamín (nados no ano 2007) ata júnior (nados no ano 1997).

.

O prezo deste campus é de 30 euros para os deportistas do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, do deporte federado e das escolas deportivas, e os seus irmáns ou irmás, e de 45 euros para deportistas doutros clubs ou entidades.

 

Nesta nova edición do Campus de Inverno incorpórase a novidade de poder elixir o número de días que se quere asistir ás xornadas cun prezo de 10 euros por cada día para os deportistas do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, do deporte federado e das escolas deportivas, e os seus irmáns ou irmás, e de 15 euros para os deportistas doutros clubs ou entidades.

.

As prazas dispoñibles para as Xornadas de Tecnificación 2014 son limitadas e se farán efectivas por rigorosa orde de inscrición (sendo válida a data que figure no ingreso). Para formalizar a inscrición é preciso enviar o comprobante de pago (co nome completo do deportista e o club ao que pertence) e a folla de inscrición, antes do 19 de decembro do 2014 ao mail areadeportiva@seisdonadalcoia.com ou ao fax 986227275.

.

Xa se pode descargar a folla de inscrición do 13º Campus de Inverno 2014 "Xornadas de Tecnificación" pulsando na imaxe.

.