.(Postal gañadora da pasada tempada 2014/15 realizada por Marta Iglesias)
.
O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia co obxectivo de achegar o Nadal a tódolos nosos deportistas e, en especial, aos nosos xogadores/as máis pequenos, e despois da gran aceptación e o éxito das tempadas pasadas, organizará nesta campaña 2014/2015 o 8º Concurso de Postais de Nadal no que poderán participar tódolos nosos xogadores e xogadoras de categoría minibásquet.
.
As bases deste 8º Concurso de Postais de Nadal do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia que se volve a convocar por oitavo ano consecutivo son:
.
- Participantes: tódolos xogadores e xogadoras de categoría minibásquet dos equipos federados e das escolas deportivas (categorías prebenxamín, benxamín e alevín).
.
- Deseño e tamaño da postal: poderá estar realizada a man ou mesmo a través do ordenador, en branco e negro ou a cor. O tamaño da postal deberá ser de medio folio e non se poderá empregar purpurina nin algodón.
.
- Motivos da postal: a postal deberá ter ao Nadal e máis ao baloncesto como motivos principais.
.
- Data límite de entrega: venres día 5 de decembro do 2014.
.
- Forma de entrega: as postais deberán ser entregadas aos adestradores/as ou monitores correspondentes antes da data límite, ou enviadas coa maior calidade posible ao mail do club: areadeportiva@seisdonadalcoia.com.
.
- Premio do concurso: a postal gañadora do concurso será a postal de Nadal coa que a entidade felicitará as festas esta tempada a tódolos seus deportistas, adestradores, familiares, amigos, colaboradores, patrocinadores, etc.
.
A comunicación da postal gañadora farase público o martes día 9 de decembro do 2014 a través desta páxina web do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.