jueves, 11 de septiembre de 2014

OS EQUIPOS DO SEIS DO NADAL COIA COMEZAN A SÚA PARTICIPACIÓN NAS COPAS GALICIA 2014/2015

.

Os equipos Cadete Masculino "A", Cadete Feminino "A" e Infantil Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia participarán nas Copas Galicia de Primeira División organizadas pola Federación Galega de Baloncesto.

.

As primeiras copas en comezar serán as de categoría cadete que terán a súa primeira xornada esta mesma fin de semana; comezando para a próxima fin de semana dos días 20 e 21 de setembro as Copas Galicia de categoría infantil.

 

O Cadete Masculino "A", adestrado e dirixido por Diego Montenegro, disputará a Fase de Grupos da Copa Galicia encadrado no Grupo "C" xunto a Bosco Salesianos (Ourense), PBB "A" (O Porriño) e CB Tui. O calendario desta primeira fase é o seguinte:

.

1ª xornada (14/09): Seis do Nadal Coia Vs Bosco Salesianos

2ª xornada (21/09): PBB "A" Vs Seis do Nadal - Coia

3ª xornada (28/09): Seis do Nadal - Coia Vs CB Tui

 

O conxunto Cadete Feminino "A", dirixido por Jorge Martínez, Jacobo Morenza e Ignacio Sánchez, estará encadrado no Grupo "C" da Fase de Grupos da Copa Galicia xunto a Arxil "A" (Pontevedra), Codigalco Carmelitas (Ourense) e RC Celta Selmark (Vigo). O calendario da súa Fase de Grupos é:

 

1ª xornada (14/09): Seis do Nadal - Coia Vs Arxil "A"

2ª xornada (21/09): Cod. Carmelitas Vs Seis do Nadal - Coia

3ª xornada (28/09): Seis do Nadal - Coia Vs RC Celta

 

Na Copa Galicia Infantil Masculina que comezará a próxima semana participará o Infantil Masculino "A", adestrado por Sergio González e Óscar García. Os equipos infantís Bosco Salesianos (Ourense), Muebles Victoria Barco (Barco de Valdeorras) e PBB "A" (O Porriño) serán os rivais do Seis do Nadal - Coia no Grupo "C" da Fase de Grupos. O calendario desta primeira fase é o seguinte:

 

1ª xornada (21/09): PBB "A" Vs Seis do Nadal - Coia

2ª xornada (28/09): Seis do Nadal - Coia Vs Muebles Victoria

3ª xornada (05/10): Bosco Salesianos Vs Seis do Nadal Coia