domingo, 22 de junio de 2014

O DÍA DO BENXAMÍN VIGO-AROUSA CONSOLÍDASE NA SÚA SEGUNDA EDICIÓN CON 24 COMBINADOS

.

.

 

O club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizou o pasado sábado día 14 de xuño do 2014 a Segunda Edición do Día do Benxamín Vigo-Arousa nas instalacións e no exterior do pavillón municipal de Navia.

.

Un total de 24 equipos de categoría benxamín procedentes das delegacións de Vigo e Arousa participaron no II Día do Benxamín que organizou a entidade viguesa na recta final da presente tempada 2013/2014. O escenario do evento foi o polideportivo municipal de Navia no que houbo catro pistas cubertas no interior do pavillón e dúas pistas ao aire libre no seu exterior. Nestas seis pistas disputáronse máis de 30 partidos de categoría benxamín desde as 16:00 horas ata as 20:00 horas.

.

Seis do Nadal Masculino "A", Seis do Nadal Masculino "B", Seis do Nadal Feminino, Seis do Nadal Mixto, Compañía de María Vigo, CB Tui Masculino, CB Tui Feminino, Celta Negro, Celta Celeste, La Academia Celta, CB Redondela, Escultor Acuña Airexa, Las Acacias, Salesianos Vigo, EDM Salceda de Caselas, Defensores do Morrazo e Porriño Baloncesto Base, son os dezasete conxuntos da delegación de Vigo que participarán na xornada. Marín Masculino, Marín Feminino, O Grove, Xuven Masculino, Xuven Feminino, CB O Meco e CB Arxil, serán os combinados de Arousa que participarán nesta segunda edición do Día do Benxamín Vigo-Arousa.

 

.

 

Os máis de 300 nenos e nenas que participaron no II Día do Benxamín Vigo-Arousa tiveron a oportunidade de iniciarse na zumba nunha actividade de iniciación que tivo cada combinado participante entre partido e partido de baloncesto. Ademais no ecuador da xornada o grupo de bombeiros achegou o momento refrescante da xornada que axudou a todos a aliviar as altas temperaturas.

 

.

.

 

No acto de clausura do evento e na entrega de premios do Día do Benxamín Vigo-Arousa 2013/2014 estiveron presentes Dna. Concepción Martins, Presidenta do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia; D. Julio Rodríguez, Directivo do club vigués; e D. Antonio Iglesias, Directivo do Club Baloncesto.

..

XA ESTÁN DISPOÑIBLES TÓDALAS FOTOS DO
II DÍA DO BENXAMÍN VIGO-AROUSA 2013/2014

.

PULSA AQUÍ