martes, 3 de junio de 2014

O CADETE FEMININO "A" DO CLUB 6º CLASIFICADO DA LIGA 1ª DIVISIÓN CADETE FEMININA 2013/2014

(O Cadete Feminino "A" competiu na Liga 1ª División Cadete Feminina)

.

CADETE FEMININO

.

6º CLASIFICADO LIGA 1ª DIVISIÓN

.

O conxunto Cadete Feminino, Decomar Seis do Nadal, do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia, dirixido por Jorge Martínez, Breixo Solla e Ignacio Sánchez, finalizou na sexta posición a Liga Primeira División 2013/14 de categoría Cadete Feminina organizada pola Federación Galega de Baloncesto.

.

O Decomar Seis do Nadal rematou na sexta posición da Liga Primeira División Cadete Feminina despois de vinte e dúas xornadas cun balance final de once vitorias e once derrotas. A clasificación final da competición foi a seguinte:

.

 

A sexta posición conseguida esta campaña na Liga 1ª División Cadete Feminina asegura a praza en dita competición para a próxima tempada 2014/2015, tendo descendido ao Campionato Cadete de 2ª División os catro últimos clasificados da táboa.